FOTO travesia chamín

Alternativa de Arteixo solicita á Deputación que mellore a seguridade viaria na estrada de Chamín

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitoulle á Deputación que instale redutores de velocidade en ambas as direccións na DP-0514, na travesía de Chamín, á altura da antiga localización do parque infantil e biosaudable.

Na estrada provincial DP-0514, na travesía de Chamín, existe unha curva á altura da antiga localización do parque infantil e biosaudable, que é histórica en canto a saídas de estrada por circular os vehículos a máis velocidade da permitida, e de non adoptar medidas, un día ocorrerá unha desgraza.

Nas últimas semanas, outra saída dun vehículo neste punto volvía levar por diante o muro onde se situaban os citados parques. Uns parques que foron retirados, despois dunha solicitude realizada o concello por Alternativa dos Veciños.

“É necesario instalar redutores de velocidade en ambas as direccións na DP-0514, na travesía de Chamín, á altura da antiga localización do parque infantil e biosaudable, para obrigar aos vehículos a reducir a velocidade e evitar así as frecuentas saídas da estrada neste punto” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.

Novas relacionadas