[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa solicita a convocatoria do Consello Escolar Municipal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Familias de Cambre levan achegando durante todo o curso escolar o seu desasosego creado pola situación do Covid, tanto co propio curso, como co transporte, comedores e tamén coas actividades de conciliación municipais.
A ferramenta empregada para simplificar estas inquedanzas e buscar solucións entre as diferentes partes que forman o colectivo escolar é o Consello Escolar Municipal. Pero este órgano de participación non está a ser convocado polo goberno municipal, polo tanto non está cumprindo co seu fin.
Alternativa xa solicitou a súa convocatoria antes do inicio de curso escolar. En novembro o goberno municipal trasladou que se estaba a organizar para celebralo en liña. Pero a realidade é que avanzamos o curso e non hai novidades de ningún tipo.
Dende os grupos da oposición non estamos a ter información “oficial” do desenvolvemento do curso escolar porque, o único canle de comunicación establecido é o Consello Escolar.
Por iso, Alternativa de Cambre solicitará novamente a convocatoria do órgano de participación.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]