Alternativa seguirá loitando para que a Xunta e as compañías instalen a banda ancha en todo o municipio
Alternativa dos Veciños vai seguir demandando á Xunta de Galicia e ás compañías de telecomunicacións que instalen as redes de banda ancha en todas as zonas urbanas do Concello de Oleiros. Trátase dun servizo imprescindible a día de hoxe pero que ao estar en mans de empresas privadas, que procuran maximizar beneficios, priorizan a súa instalación nos lugares onde obteñen maiores ingresos económicos.
Froito do traballo e da insistencia de Alternativa dos Veciños ante as compañías de telecomunicacións e ante a Xunta de Galicia, está previsto que antes do mes de novembro a rede de banda larga chegue a: Lorbé, Aguieira, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro, Xoez, Aba, Dexo, Babilonia, A Lagoa, O Valiño e A Veiga.