Alternativa seguirá garantindo a participación do pobo de Oleiros na vida política
Desde Alternativa dos Veciños defendemos a política como unha ferramenta da cidadanía para acadar o progreso e o benestar, sempre desde a honestidade e a imprescindible comunicación coa veciñanza. Desde a nosa fundación, hai 40 anos, defendemos e practicamos un sistema de asembleas parroquiais nas que se conta coa activa participación das entidades sociais e veciñais, culturais e deportivas como así tamén de calquera veciño ou veciña que desexe informarse ou participar das actividades propostas.
Moitos partidos políticos levan a transparencia como fío condutor nas súas campañas mentres as súas accións demostran o contrario. Para Alternativa dos Veciños a transparencia non é unha promesa electoral, é o noso compromiso con todos e todas vós. Para nós a comunicación coa veciñanza é o principal paso para achegar a política local á poboación.