Alternativa segue informando á veciñanza sobre o proxecto do parque eólico Carboeiro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa segue informando á veciñanza sobre o proxecto do parque eólico Carboeiro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo segue informando a veciñanza sobre o proxecto do parque eólico Carboeiro que afecta o municipio de Arteixo, principalmente ao núcleo rural de Santa Locaia. Representantes de Alternativa continúan realizando os percorridos periódicos por todas as parroquias do municipio e, nas visitas aos núcleos da parroquia de Loureda, están a aproveitar para seguir informando á veciñanza sobre o proxecto do Parque Eólico Carboeiro.

“De levarse a cabo o proxecto do parque eólico Carboeiro, o núcleo de Santa Locaia quedaría gravemente afectado e seria o golpe definitivo a un núcleo de poboación que está illado e completamente esquecido polo concello” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Desde Alternativa dos Veciños traballaremos intensamente para que este proxecto non se leve a cabo, xa que ademais de afectar as propiedades e ao medio ambiente, pola súa proximidade ás vivendas seria moi prexudicial para a saúde e calidade de vida dos veciños e veciñas de Santa Locaia” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!