[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños, xunto cos veciños e veciñas das parroquias de Maianca, Serantes e Dexo, levamos anos denunciado as deficiencias do servizo público sanitario de atención primaria que se presta na Casa do Mar de Mera. As máis de 5.000 persoas ás que lles corresponde ser atendidas neste Centro de Saúde sofren a diario as consecuencias da falla de persoal e da obsolescencia dunhas instalacións claramente insuficientes.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Para realizar o necesario incremento de persoal é preciso a ampliación do espazo que ocupa o Centro de Saúde no edifico. A Casa do Mar atópase desde hai anos infrautilizada, con máis da metade da súa superficie sen uso; todo o primeiro andar debería estar dispoñible para incrementar os espazos. A Xunta de Galicia investiu 200.000 euros neste edificio para crear un centro de día, que acabou por converterse nun local social pantasma sen practicamente actividades de ningún tipo, pero con conserxe e director en nómina.
A zona norte do Concello de Oleiros necesita un Centro de Saúde acorde á súa poboación actual. Para o axeitado funcionamento do sistema de sanitario público é necesario contar cun servizo de atención primaria forte, dotado dos recursos e medios necesarios, para que poida ser utilizado de xeito responsable por parte dos cidadáns.
O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños volverá reclamar á Xunta de Galicia que destine a planta superior do edificio para ampliar o centro de saúde e se poida dispoñer dun servizo público acorde coas necesidades presentes e futuras das parroquias de Maianca, Serantes e Dexo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]