Alternativa de Arteixo volverá saír á rúa para que o Concello xestione a eliminación da alta tensión de Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo volverá saír á rúa para que o Concello xestione a eliminación da alta tensión de Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo volverá saír á rúa en setembro para seguir demandándolle ao Concello que realice as xestións necesarias para eliminar as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e, que se opoña á nova variantes do trazado presentado por Acciona para instalar unha liña de alta tensión entre o Parque Eólico de Monteagudo e o novo Polígono de Morás.

Alternativa non parará ata que o Goberno Municipal realice as xestións necesarias para solucionar o grave problema que levan sufrindo durante máis de tres décadas os veciños de Sol y Mar, como consecuencia das radiacións que emiten as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización e o Polideportivo Municipal de Galán. Tampouco se deixará de loitar para que o proxecto que pretende levar a cabo Acciona Corporación SA, que consiste en instalar unha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Morás, sexa arquivado pola Xunta de Galicia, xa que prexudicaría gravemente ao medio ambiente natural do municipio e a numerosas parcelas e vivendas.

“É indignante que ningunha formación leve o asunto das liñas de alta tensión de Sol y Mar ao pleno da corporación, para que se poida retomar e que o concello realice as xestións necesarias para eliminar este cableado do medio da Urbanización dunha vez por todas. Pero, na concentración que celebramos a finais de xuño xa quedou claro que a ningunha das formación que forma parte da corporación municipal lles interesa a saúde dos veciños e veciñas de Sol y Mar. Fíxose un chamamento tanto pola nosa banda como por parte da Plataforma Veciñal, e non apareceu ningún representante das formacións políticas con representación na corporación municipal” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“O mesmo sucede co proxecto de instalación dunha liña de alta tensión que pretende levar a cabo a empresa Acciona Corporación SA. Cando veu un técnico de Acciona a reunirse coa Corporación Municipal para explicarlle a nova variante do trazado, ningunha formación dixo nin unha soa palabra en contra do mesmo e, incluso algunha formación dixo despois da reunión que a nova variante era unha vitoria veciñal. Pero, como se pode dicir que a nova variante do trazado é unha vitoria se continuaría afectando gravemente o medio ambiente natural do municipio e deixaría afectadas a numerosas vivendas e propiedades? ” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!