Alternativa de Sada reclama a urxente reparación da Pista de Patinaxe

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada reclama a urxente reparación da Pista de Patinaxe

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños solicita que se avalíen os danos e que repercutan nos responsables que a fixeron impracticable para o deporte.

A pista de patinaxe de Sada segue os mesmos pasos que o resto de obras que se fan neste concello. No mes de novembro do ano pasado, e cunha subvención da Xunta, pretendíase renovar o firme da pista, obra que se lle adxudica a unha empresa, e que resultou defectuosa e non apta para a practica de competicións oficiais.

Alternativa dos Veciños despois de escoitar ó club de patinaxe e a técnicos expertos na materia, denuncia que a pista está nunha situación deficiente e que hai que volver a facela enteira, esixindo ao alcalde e ao director de obra do Concello que tomen as medidas oportunas para subsanar esta situación o antes posible xa que se podía perder a subvención e nese caso o concello tería que financiar integramente a obra.

A empresa negouse a reparar a pista e o director de obra do Concello intentou xustificala alegando que non quedara tan mal, que era unha empresa inexperta e outras lindezas. Os meses pasaron, a subvención da Xunta perdeuse, e o peor é que a pista non está en condicións, polo que non se poido celebrar unha competición en abril.
Alternativa dos Veciños segue a reclamar que se tomen medidas, que se soliciten penalidades e que nos indemnicen polos fondos perdidos. Para axilizar os tempos de execución, Alternativa dos Veciños de Sada solicitou ao concello de Oleiros asistencia técnica para elaborar unha memoria que plantéxase a reparación dos desperfectos.

No verán, o alcalde parece que falou novamente coa empresa, sen informar á concelleira de deportes María Nogareda, e agora si, a empresa se prestou a reparar a pista, reparación que outra vez non foi a axeitada, e a pista segue sen poder usarse para competicións, pero tampouco para os adestramentos.

Ante esta situación, e a petición do club de patinaxe de Sada, Sada Patín, Alternativa dos Veciños de Sada solicitou ó Concello de Oleiros o permiso para realizar as competicións de patinaxe que se ían celebrar os días 24 e 25 de setembro en Sada, nas pistas de Bastiagueiro en Oleiros.

Alternativa dos Veciños solicita que se avalíen os danos e o custe que todo isto suponlle ao Concello, e que repercutan nos responsables desta desfeita.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!