SADA_PECHE_2

Alternativa dos Veciños Sada realizará un safari fotográfico para pechar a campaña electoral

A candidatura encabezada por María Nogareda realizará un acto singular consistente nun safari fotográfico pola vila sadense que partirá desde Fontán ás 19:30 horas do venres 24 de maio.

O safari sairá da rúa do Encascadoiro ás 19:30 e percorrerá a vila. Durante o acto, a candidatura repartirá o programa de Alternativa entre a veciñanza. Nel, o grupo pide o voto para mellorar a situación política de Sada. A modificación do PXOM para que responda ao interese xeral, o coidado do patrimonio público e a recuperación da praia urbana, un mellor mantemento das infraestruturas viarias e a mellora dos servizos públicos. Tamén un aumento da oferta cultural, deportiva e de ocio. Alternativa dos Veciños loitará por un futuro para a veciñanza de Sada, a Perla das Mariñas e clave no progreso da comarca máis importante de Galicia, a da Coruña.

Cómo chegar?

Novas relacionadas