Alternativa de Sada denuncia que a Xunta desenténdese dos PAC

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada denuncia que a Xunta desenténdese dos PAC

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Xunta de Galicia non está a cumprir co equipo asistencial mínimo dun medico máis enfermeiro/a no PAC de Sada, que, actualmente presta tamén servizo ao Concello de Bergondo con dous médicos e tan só unha praza de enfermería cuberta para unha poboación de máis de 20.000 habitantes. Unha situación que fai que o persoal de enfermería teña que facer gardas de 24 horas demorando saídas ou imposibilitando actuacións de emerxencia por cubrir coidados e curas en domicilios todos os días.

Alternativa apoia as reivindicacións dos traballadores do PAC de Sada que, simplemente, están a reclamar ao Sergas un reforzó no persoal de enfermería os domingos e festivos. Desde a Concellería de Saúde que dirixe o Concelleiro de Alternativa dos Veciños, Breogán Blanco, solicítase ao Sergas que se atendan as reclamacións dos profesionais e se fagan os investimentos precisos en atención primaria tal coma marca a OMS, xa que, o don da “ubicuidade” polo momento non está inventado a pesar de todas as virtudes que teñen os nosos sanitarios, dixo, o concelleiros, Breogán Blanco.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!