Alternativa de Sada segue a demandar banda ancha para todas as zonas do concello
Alternativa dos Veciños Sada ve positivos os avances que nos últimos días se están a facer na instalación da fibra e banda ancha de internet en diversos núcleos rurais, unha vella demanda da cidadanía para a cal o Estado subvencionou a empresas coma R e Telefónica para que dotaran de banda ancha a todo o municipio, en especial ás localidades afastadas do centro urbano, pero eses proxectos, que tiñan prazo de finalización en 2019 e 2020, seguen, aínda, sen estar rematados, por iso desde Alternativa dos Veciños vaise seguir insistindo na consecución deste obxetivo, de feito, o deputado provincial, Ángel García Seoane, xa reclamou, tanto á Xunta de Galicia, coma a Delegación do Goberno que tomen cartas no asunto para que estes investimentos públicos se empreguen segundo o acordado en tempo e forma.