Alternativa de Sada defende a necesidade duns servizos públicos de calidade na Policía Local e en Emerxencias

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada defende a necesidade duns servizos públicos de calidade na Policía Local e en Emerxencias

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Sada, polas súas características especiais e por contar cunha capital municipal densamente poboada e urbana, non pode prescindir nin abandonar o servizo de Policía Local nin de Emerxencias. Alternativa dos Veciños defenderá desde a súa participación no Goberno municipal uns servizos públicos de calidade para os veciños e veciñas de Sada.

A aposta polo persoal municipal non debe ser vista coma un gasto, senón coma un investimento que redunda no beneficio xeral de todos os cidadáns. Por iso, Alternativa apoiará a realización de investimentos materiais, pecuniarios e persoais en dous servizos públicos básicos para a seguridade e auxilio da cidadanía coma son a Policía Local e o Servizo de Emerxencias Municipal.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!