Alternativa anima a participar nunha concentración no Centro de Saúde de Sada en defensa da sanidade pública

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa anima a participar nunha concentración no Centro de Saúde de Sada en defensa da sanidade pública

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Sada, en apoio á folga convocada por as e os médicos de atención primaria, anima a todos os cidadáns do municipio a participar nunha concentración convocada para mañá xoves 28 de novembro, ás 11:00 horas, ante o Centro de Saúde de Sada. Con esta convocatoria reclámase incrementar o tempo de atención a cada paciente, un aumento do orzamento para incrementar o persoal, rematar coa precariedade e contar cunha xerencia propia para a atención primaria, que non dependa da hospitalaria.

O Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco González, solicita unidade para denunciar a precariedade na Atención Primaria en Galicia. “Todos os anos sufrimos o déficit de persoal e recursos baixo as nosas longas esperas por non falar do pouco tempo de atención en consulta”, dixo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!