[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa insiste na ampliación do colexio “Sada y sus Contornos”
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O colexio de “Sada y sus Contornos” necesita con urxencia un polideportivo cuberto que se faría nos terreos colindantes o mesmo, unha vez que se dispoña deles segundo se acordou hai anos, cando se realizou a ampliación da escola. Alternativa dos Veciños de Sada considera que hai que seguir traballando e dando pasos para poder avanzar na construción do pavillón.
Alternativa dos Veciños interesouse hai tres anos polo estado en que se atopaba este proxecto, moi necesario para o alumnado e que afectaba directamente a Concellería de Educación que ostenta María Nogareda, membro e portavoz do noso grupo. A resposta por parte da Alcaldía foi que estaba pendente da elaboración do plan especial do Porto para poder conseguir os terreos e cederllos á consellería de educación para que fixese o citado pavillón.
No último Consello Escolar do curso, ante as preguntas sobre a situación de aprobación do Plan Especial, María Nogareda comentou que formulara aos técnicos a pregunta de se poderían obter os terreos independentemente da aprobación do Plan Especial. Quedamos en dar resposta cando houbera confirmación técnica e así o puidemos confirmar no último pleno.
No pleno, preguntado o alcalde Benito, este di que tiña e ten certas dubidas e que polo tanto non lle dou para adiante o proxecto, porque cando hai dubidas non se fan as cousas. Dubidas que tivo sete anos para consultalas e aclaralas e non o fixo.
Sexa como fose, este tema non é algo novo, e inexplicablemente levamos anos sen que se adiante nada ao respecto. Como non pode ser doutra maneira, Alternativa dos Veciños votou a favor para que de forma inmediata se proceda a iniciar os trámites para realizar esta obra tan demandada e necesaria para o colexio e para a cidadanía de Sada.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]