Recunchos de Cambre

Alternativa revaloriza “Recunchos de Cambre”

Alternativa dos Veciños de Cambre puxo en marcha unha iniciativa fotográfica a través das redes sociais do grupo político, publicando lugares especiais do municipio cada domingo.

A idea consiste darlle difusión ó municipio como un lugar “a visitar” na contorna metropolitana, ademais da Igrexa de Cambre e o paseo fluvial do Río Mero -Cambre é mais- afirma o voceiro do Grupo Municipal Raúl Varela.

“Recunchos de Cambre” nace tamén como un espazo no que veciñanza poida compartir a súa visión fotográfica do municipio, polo que todas aquelas persoas interesadas poderán enviar as súas fotografías a través do correo electrónico cambre@alternativadosvecinos.org ou a través das redes sociais do grupo municipal.

 

Novas relacionadas