Alternativa reivindica o traballo de Fariña e Babío no Goberno de Bergondo
O paso de Alternativa dos Veciños polo Goberno municipal durante os dous últimos anos, da man dos concelleiros Juan Fariña e Eloy Babío, supuxo un punto de inflexión en Bergondo. Houbo avances que calquera persoa pode apreciar, mais isto non nos impide recoñecer unha evidencia: Bergondo conta con múltiples carencias, queda moito traballo por facer.
Alternativa dos Veciños pretende seguir mellorando Bergodo durante os vindeiros catro anos. O programa de Alternativa conta con máis de 70 actuacións concretas para as 9 parroquias, centradas na súa maioría na mellora da seguridade viaria.
“Tamén queremos poñer en marcha o Plan Lubre, para abordar de maneira urxente a creación da rede de saneamento desta parroquia, o que permitiría facer posteriormente o paseo fluvial do Río Maior ou a pavimentación de numerosos camiños”, dixo o candidato Juan Fariña.