Alternativa reivindica o dereito á autodeterminación do pobo saharauí e condena o ataque de Marrocos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa reivindica o dereito á autodeterminación do pobo saharauí e condena o ataque de Marrocos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O ataque bélico perpetrado polo Reino de Marrocos ao pobo saharuí o pasado día 13 supón unha violación ao alto ao fogo do Sáhara e aborta calquera esforzo encamiñado á celebración do referendo de autodeterminación, acordado hai 29 anos entre ambas partes. Este ataque marroquí supón unha nova vulneración dos dereitos humanos no Sáhara Occidental, polo que Alternativa dos Veciños reitera o seu apoio ao pobo saharauí o seu lexítimo dereito á decidir libremente o seu futuro.

Resulta especialmente sangrante a postura do actual Goberno de PSOE e Podemos, que igual que os Gobernos españois anteriores, eluden as responsabilidades que lle corresponden como potencia administradora, pregándose aos intereses marroquíes, en contra do dereito internacional. O exemplo máis recente disto, que demostra o medo da diplomacia española a Marrocos, é que no que vai de ano permitisen a chegada de 8.000 inmigrantes ás costas de Canarias para desviar a atención do que acontece no Sáhara.

O Frente Polisario demostrou ao longo dos anos que apostaba por unha solución pacífica e negociada. Pola contra, a posición de Marrocos non é outra que impedir a celebración do referendo pactado. As súas últimas actuacións van desencadear nunha crise de imprevisibles consecuencias, que ameaza seriamente a estabilidade e a seguridade en toda a rexión do Magreb.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!