Alternativa reitera que se preste defensa xudicial á veciñanza da Patiña
Alternativa reafírmase no rogo levado a pleno no pasado mes de decembro que instaba ao Goberno municipal a seguir a mesma medida que para denunciar a Alternativa dos Veciños. O Concello de Cambre vai investir 6.000 euros para denunciar a Alternativa por suposta incursión da “dignidade da corporación municipal”. Alternativa sostén que é mais urxente e importante que a veciñanza da Patiña teña representación legal ante tal situación, sendo defendido o dereito á vivenda digna.
A veciñanza da Patiña está a sufrir un continuo abuso da nova propietaria (un suposto fondo boitre) con subidas do alugueiro, ascensor que non funciona, zonas comúns sen limpeza (tamén con esta crise sanitaria), e unha longa lista. É indignante permitir tal maltrato a persoas, moitas delas en situación de vulnerabilidade.