Alternativa reitera as denuncias polo atentado ambiental das fecais de Suevos, en Arteixo

Como pode estar cortada unha estrada como a de Bens a Suevos máis de 8 meses?

Os veciños e veciñas de Suevos e Rañobre están totalmente abandonados polas administracións: estradas cortadas, vertidos fedorentos, tráficos incontrolados… Esa é a impresión da Alternativa dos Veciños, que reiteran as súas denuncias sobre o abandono destas parroquias maltradas polo Concello de Arteixo.

Desde Alternativa dos Veciños preguntámonos como pode estar cortada unha estrada como a de Bens a Suevos máis de 8 meses. A iso únese o constante verquido das augas fecais de Arteixo polos cantís de Suevos desde hai máis de un ano, sen que a administración autonómica tome medida algunha, como é a súa responsabilidade.

A veciñanza de Suevos non pode seguir soportando tanto abandono. Ademáis, a contaminación ambiental por vertidos de fecais é un delito ecolóxico e sanitario. O Concello de Arteixo ten que conectar as súas augas fecais coa depuradora de Bens sen máis demora, tal como reclamamos noutras ocasións.

Comparte esta nova!