Alternativa reforza as axudas para a escolarización para as familias en dificultades económicas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa reforza as axudas para a escolarización para as familias en dificultades económicas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ademais dos máis de 60.000 euros cos que se sufragan integramente os gastos do comedor escolar dos nenos e nenas con familias en situación de vulnerabilidade, o Goberno municipal de Alternativa dos Veciños incrementará a axuda que se viña prestando a estas familias a través das subvencións de apoio á escolarización para cubrir os gastos do inicio do curso académico: libros, material escolar, roupa, soportes informáticos…

Para o curso 2020/2021, ademais de incrementar os fondos, o que ata o de agora eran as prestacións de apoio á escolarización pasarán a formar parte das axudas de Emerxencia Social. Con este cambio preténdese atender de forma personalizada e individualizada cada situación familiar, conseguindo desta forma complementar as axudas doutras administracións e non duplicalas.

O Concello de Oleiros informará a través dos distintos medios de comunicación municipais da apertura do prazo de solicitude con suficiente antelación. Para calquera información adicional é posible dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade ou chamar ao teléfono de atención ao veciño (981 610 000).

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!