Alternativa reforza a súa labor de control económico en Carral

O grupo esixiu ao goberno municipal a elaboración dun informe actualizado sobre a débeda do Concello, así como a entrega a todos os membros da corporación.

Alternativa impulsa así un reforzo dos mecanismos de transparencia e fiscalización para garantir un uso responsable dos recursos públicos.

A formación considera prioritario exercer unha oposición no control económico municipal, especialmente tras a situación de endebedamento xerada durante o anterior mandato do Alcalde, o Señor Mouriño.

Neste contexto solicitouse a elaboración dun informe detallado que contemple toda a información relativa ao endebedamento municipal, que permita aos diferentes grupos avaliar o estado real das arcas municipais.

Alternativa esixe que o informe inclúa:

  • Importe total da débeda que a día de hoxe ten o Concello
  • Concepto ou finalidade a que corresponde cada unha das débedas
  • Exercicio ao que corresponde cada débeda
  • Prazo de vencemento de cada unha de elas, se procede
  • Cantidade pendente de pagamento de cada unha das débedas

Comparte esta nova!