Alternativa de Cambre recorda ao goberno municipal a limpeza da maleza tamén en zonas urbanas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre recorda ao goberno municipal a limpeza da maleza tamén en zonas urbanas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A limpeza de maleza no municipio leva semanas creando crispación entre a veciñanza, xa que un ano máis chega tarde. A pesar de que a situación afecta principalmente ás zonas máis rurais, os espazos urbanos tampouco están libres da mala xestión do goberno municipal.

Veciños e veciñas de O Temple trasladaron ao grupo municipal a situación na Rúa Travesía da Igrexa, baixo a ponte da AP-9, onde as silveiras impiden a normal circulación da veciñanza pola beirarrúa.

“O pasado ano a escusa foi o Covid, este ano o Señor Patiño dignouse a recoñecer o retraso coa contratación dos traballos. É lamentable que con máis de 6 anos de goberno a xestión dun traballo tan habitual e necesario conte con esta pésima xestión” Afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!