O grupo destacou a importancia de contar cunha organización adecuada, así como os recursos humanos e materiais para afrontar unha época especialmente sensible.
Segundo informou o executivo, o Concello conta con dous axentes de protección civil e persoal voluntario, quedando pendente de facilitar a información sobre os medios materiais dispoñibles. Tamén confirmou a colaboración do Parque Comarcal de Bombeiros de Arteixo e os servizos forestais da Xunta de Galicia.
Alternativa considera que as explicacións ofrecidas son insuficientes para este asunto no que a planificación e a anticipación son fundamentais para minimizar riscos. “A Barcala viviu este luns unha situación que demostra a imortancia de estar preparados. Nun asunto desta relevancia, as respostas teñen que ser claras e concretas.” Sinala o voceiro do grupo, Raúl Varela.