O grupo municipal Alternativa dos Veciños manifestou o seu apoio ás máis de 40 asociacións do municipio que se uniron para denunciar os impagos das subvencións do Concello correspondentes aos últimos catro exercicios.
Alternativa apoia ás súas reivindicacións e demanda unha solución urxente, principalmente para as entidades máis afectadas como a Escola de Música Sementeira e o Club Ciclista Cambre, ambas históricas no municipio e que se atopan nunha situación límite que pon en risco a súa continuidade.
Alternativa fai un chamamento á paciencia e á responsabilidade, lembrando a complexidade de resolver en poucos meses un problema que leva enquistado catro anos.
Alternativa considera imprescindible o desbloqueo da situación de Cambre e presentará no próximo Pleno unha proposta para a creación dun ente de participación política e social que favoreza o diálogo, a transparencia e a resolución efectiva deste tipo de conflictos que bloquean á institución.