[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños reclama que se lle faga o test do coronavirus ao persoal sanitario
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños quere amosar o seu total apoio ao persoal sanitario dos centros de saúde nas súas demandas ás autoridades sanitarias para que se lles realicen os test do coronavirus. Os traballadores están a denunciar que o Sergas négase a realizar as probas aos sanitarios que van facer centos de test sen saber se poden estar contaxiando aos cidadáns.
Ante esta situación, o persoal dos centros de saúde de Oleiros queren comunicar o seguinte: “A estas alturas da situación, a maior parte dos sanitarios dos centros de saúde do Concello de Oleiros, queremos expresar o noso descontento pola deficiente xestión desta pandemia xa que debido á nosa condición de traballo, que está en íntimo contacto con xente maior, nenos, ou persoas que presentan patoloxías e por tanto de alto risco, é inadmisible que sigamos traballando sen saber o noso estado inmunolóxico, porque non se nos realizan os test correspondentes. Nestes momentos, que se van facer test aleatorios á poboación para un estudio epidemiolóxico, podemos ser nós mesmos os portadores. Porque podemos estar sendo os principais focos de contaxio sen nin se queira sabelo. Se isto continúa así nunca poderá haber un bo control da pandemia”.
“Teñen todo o dereito e estamos de acordo con eles. Desde o Concello e desde Alternativa dos Veciños apoiamos que se lle faga o test a todo o persoal sanitario de maneira prioritaria”, dixo o alcalde e presidente de Alternativa Ángel García Seoane.
O Concello de Oleiros vai colaborar cos centros de saúde na realización dos test aos cidadáns mediante a cesión e instalación de carpas e outro material que facilitará a realización das probas diagnósticas no exterior dos recintos. Mesmo pode que sexa posible tomar as mostras aos cidadáns sen que teñan que baixarse dos seus vehículos.
Unha vez máis, Alternativa dos Veciños quere agradecer a todo persoal sanitario, así como aos demais colectivos de traballadores e traballadoras de todos os sectores considerados esenciais, o seu esforzo e dedicación nestes momentos tan duros e complicados aos que nos temos que enfrontar o conxunto da sociedade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]