Alternativa en contra doutro pleno extraordinario sen rogos nin preguntas
Cambre leva desde o mes de febreiro sen plenos ordinarios. O argumento desde o Goberno ñe que “non había temas de pleno”. Agora os deberes están sen facer e o Goberno convoca dous extraordinarios en menos dun mes, non permitindo mocións, rogos nin preguntas por parte dos grupos da oposición.
O mais vergoñento é que sen os rogos e as preguntas, unha vez máis silenciase á veciñanza representada por Alternativa e por todos os grupos da oposición. Non quere responder o Goberno á situación do Plan Xeral? Porque Cambre segue sen biblioteca? Onde está ese convenio con augas que se ía firmar nunha semana? Ou que fixeron as diferentes Concellarías durante o estado de alarma?