Alternativa reclama participar nas mesas sobre o futuro dos terreos do Porto da Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa reclama participar nas mesas sobre o futuro dos terreos do Porto da Coruña

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños, como grupo político que obtivo máis de 3.000 votos no Concello da Coruña nas pasadas eleccións municipais, reclamará o seu dereito a participar en calquera mesa na que se pretenda decidir o futuro dos terreos públicos do Porto da Coruña. Os recheos gañados ao mar son patrimonio de todos os cidadáns e non poden usarse para a construción de vivendas.

A Coruña precisa gobernos éticos e honrados, comprometidos cos cidadáns, que loiten por darlle á cidade a sona e o prestixio que lle corresponde. Os terreos do Porto deben destinarse a zonas verdes, paseos, carrís bici, áreas abertas deportivas, aparcadoiros, bus costeiro…. Tamén hai que potenciar a industria vencellada ao mar: a lonxa pesqueira, os cruceiros e outras actividades lúdicas e de ocio.

O Goberno e a oposición da Coruña non poden seguir enganando á cidadanía, xogando ao gato e ao rato dependendo de quen ostente a alcaldía en cada momento. As obras do Porto exterior teñen que pagarse coas concesións desa nova infraestrutura e con fondos do Estado, igual que se fixo con outros portos do Estado. Nunca vendendo o patrimonio público de todos os cidadáns para levantar vivendas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!