Alternativa reclama na Deputación cambios na limpeza de estradas para evitar a expansión dos plumachos

WhatsApp Image 2023-09-25 at 14.25.35 (1) (1) (1)

O próximo venres 29 de setembro Alternativa dos Veciños presentará unha moción no pleno da Deputación da Coruña para reclamar cambios nos pregos de condicións que se utilizan para contratar a limpeza de estradas provinciais. Neste momento os desbroces das beiravías limítanse a cortar a maleza, o que orixina unha forte expansión dos plumachos nas inmediacións destas estradas.

Para eliminar os plumachos é necesaria arrincar a planta de raíz. O desbroce provoca que as máquinas expandan esta planta invasora alá por onde pasan. Este tipo de situacións dáse tanto nas estradas da Deputación como nas de titularidade autonómica.

Novas relacionadas