Alternativa reclama máis medios e atención para as Asociacións de Veciños
O movemento veciñal está no ADN de Alternativa dos Veciños. Resulta básico para levar a cabo unha acertada xestión municipal, polo que as asociacións veciñais deben contar con máis medios e deben ser escoitadas.
Despois de catro décadas de democracia, as entidades sociais deben ter autonomía plena, evitándose o dirixismo político ao que estiveron sometidas moitas delas. As novas tecnoloxías facilitan unha maior participación da veciñanza nas decisións municipais. Unha maior participación horizontal incentivará a humanización da xestión municipal, marcando pautas para un goberno máis activo, útil e combativo. “O escano do veciño e o programa “Dillo ti” non parecen as mellores vías de participación veciñal na política local”, comentou o candidato Pedro Armas.