[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa reclama informe sobre as últimas edicións do “Decidámolo Xuntos”
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños participará con varias propostas veciñais no proceso de participación pública “Decidámolo Xuntos” que promove o Concello de Cambre para orientar os orzamentos municipais.
Varios veciños e veciñas levan achegando diversas propostas ao longo do tempo que Alternativa ten presencia na corporación municipal en Cambre. Moitas delas xa foron solicitadas reiteradamente por este grupo municipal tanto nas sesións plenarias, como a través de diferentes escritos achegados ás diferentes áreas do Concello e outros canles de carácter máis informal. Nesta ocasión Alternativa continúa a insistir para facer oír as demandas da veciñanza participando no programa.
Ademais, ante ás dúbidas que traslada a veciñanza da “realidade” do funcionamento deste programa de participación, demandamos ao goberno municipal un informe das últimas edicións onde se reflexen as propostas presentadas, as que resultaron finalistas e cantas delas foron levadas a cabo efectivamente.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]