Alternativa reclama que o Consorcio de Igualdade faga xustiza coas persoas que debe consolidar as súas prazas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa reclama que o Consorcio de Igualdade faga xustiza coas persoas que debe consolidar as súas prazas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A necesaria solidariedade coas persoas que traballan de forma non estable no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar motiva a presentación dunha moción de apoio nos distintos plenos municipais con representación de Alternativa dos Veciños. Este colectivo de traballadoras realizan folgas as primeiras quincenas dos meses de setembro a novembro.

A Xunta debería atender as súas demandas para afrontar os procesos de estabilización nos seus posto de traballo a través dunha valoración máis xusta da súa relación co Consorcio. O proceso de regularización dos postos dá os mesmos puntos a un perfil profesional que presta o seu servizo nesa entidade ou en calquera outra, pese a que os e as traballadoras levan consigo a experiencia de ter traballado no Consorcio durante anos.

Esa experiencia é un valor de cada aspirante a consolidar a súa praza que a Xunta tira pola borda, pese que o espírito da lei ao abeiro da que se convoca o proceso reflíctese no seu propio nome: Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!