Despoís de sete meses da aprobación dos fondos aínda non se licitou ningunha das máis de 15 actuacións anunciadas, polo que se solicitará ao goberno que concrete os avances realizados e prazos previstos.
Alternativa dos Veciños sinala que continúa trasladando ao pleno diversas queixas veciñais relacionadas co estado das infraestruturas deportivas. Entre elas, o deterioro de peches perimetrais, redes e porterías nas pistas polideportivas de Castro- Laxe, O Burgo e Portádego, que continúan en espera de melloras.
O grupo critica que se fixo moita publicidade sobre a inversión para a execución de estas actuacións, pero aínda non están a ser traducidas en melloras reais para as persoas usuarias das instalacións deportivas do municipio.