A principal proposta foi a continuidade do proxecto da Vía Verde ata Santiago para o aproveitamento da antiga traza ferroviaria que une Boedo e Bregua e leva anos sendo anunciado.
Este proxecto permitiría conectar ambos lugares e estudar a continuidade a outros puntos do concello, favorecendo a mobilidade sostible e creando unha alternativa de lecer e turismo.
Xunto a esta iniciativa, Alternativa reclamou os traballos de limpeza, roza e acondicionamento no camiño tradicional que une Lugar de Abaixo coa Estrada Xeral xa que a día de hoxe está totalmente intransitable pola maleza.
O grupo tamén demandou actuacións de limpeza e mantemento no lavadoiro de Cerdeiriñas co obxectivo de contribuír a súa conservación.
“Estas actucións permitirían mellorar o uso dos camiños e espazos tradicionais, facilitar a mobilidade da veciñanza e conservar elementos do patrimonio municipal.” matizan dende Alternativa.