As principais preocupacións veciñáis céntranse no mantemento dos espazos públicos e a indignación co abandono xeral por parte do goberno local.
Alternativa dos veciños dará traslado das seguintes demandas e cuestións da veciñanza:
- Renovación do mobiliario urbano na contorna do Concello e o Centro de Saúde, así como o cambio de ubicacións para facelo máis funcional.
- Pista deportiva ao lado da igrexa está obsoleta, asimesmo o parque infantil.
- Instalación de infraestructuras deportivas e reparación do mobiliario no parque de Tarrio, onde se celebra a festa.
- Dinamización do Centro Social “O Noso Lar” e sinalización da zona de aparcamento, así como revisar os convenios co Concello do Edificio.
- Explicacións á veciñanza sobre o Monte Costa e os Pazos de debaixo do aeroporto.