Alternativa reclama a urxente reparación do cableado da iluminación pública do Apeadeiro de Cecebre

WhatsApp Image 2023-04-03 at 11.31.00 (1) (1)

A calzada que discorre polo  Apeadeiro atópase en varios tramos levantada, deixando o cableado soterrado da iluminación pública á vista.

Tras reunirse con veciñanza da zona, o portavoz de Alternativa dos Veciños de Cambre Raúl Varela recibiu, entre outras queixas, información sobre este feito que conleva a un claro perigo para os viandantes, xa que se trata de iluminación de alta tensión.

Alternativa enviou un comunicado ao concello esixindo a súa pronta reparación.

Novas relacionadas