Dende Alternativa valoran positivamente que o PXOM parece que volva a situarse como prioridade municipal, xa que son moitas as problemáticas municipais derivadas da parálise no avance do Plan Xeral.
Entre outras consecuencias estase a xerar unha gran débeda municipal con numerosos expedientes abertos por imcumplimento de convenios urbanísticos que poderían ter sido resoltos a través PXOM, como é o caso da ampliación da Casa do Concello (45,792 euros), de Villa Melania (1,24 millóns) ou Colexio da Ría do Burgo (1,5 millóns). Pendente de resolución está tamén o paseo marítimo do Burgo, en que os propietarios esixen, por vía xudicial, 18,4 millóns de euros.
Ultimamente o goberno municipal asentou o punto de mira nas recalificacións dos terreos da Cros ou Villa Celina, cando tamén deberan estar recollidas no Plan Xeral.
Alternativa lembra que o avance debe producirse “cumprindo sempre coa normativa e buscando o beneficio da veciñanza e do conxunto do municipio, non a calquera prezo. Para este avance é necesaria a absoluta implicación e vontade política do goberno municipal”.