Alternativa realiza unha asemblea veciñal en Pravio

A xuntanza forma parte do itinerario de xuntanzas que o grupo está a facer por todas as parroquias recollendo as demandas veciñais.

Alternativa anima a veciñanza a participar na asemblea que se realizará o vindeiro xoves 28 de maio ás 20 horas no Centro Social de Pravio.

A finalidade da reunión será coñecer ás necesidades e demandas reais da veciñanza da zona para poder transladalas ao goberno municipal.

Esta iniciativa súmase ao espazo de atención directa á veciñanza todos os luns ás 19:30 horas nos locais municipais da rúa Río Barcés nº 7, na Barcala (antiga oficina de rexistro).

Asímesmo, para atender á veciñanza o grupo tamén pon á disposición as redes sociais, o correo electrónico cambre@alternativadosvecinos.org, o Whatsapp e telefónicamente no 604 08 07 82.

Comparte esta nova!