Alternativa dos Veciños propón un Plan de Desenvolvemento Turístico para o Concello de Arteixo
Alternativa dos Veciños pretende crear un Plan de Desenvolvemento Turístico local para o Concello de Arteixo. O obxectivo é poñer en valor toda a riqueza patrimonial e natural do municipio.
“Arteixo ten unhas posibilidades turísticas moi grandes pero están sen explotar. É importante vender todo o que temos, coidalo e conservalo. Cun Plan de Desenvolvemento Turístico poderíamos sentar as bases para dinamizar e fomentar a chegada de máis visitantes a Arteixo”, dixo o candidato á alcaldía Antonio Patiño.