Alternativa propón peonalizacións na Coruña con solucións para o tráfico rodado
Alternativa dos Veciños defende a peonalización de novas rúas da cidade con solucións para o tráfico rodado e o aparcamento. Por exemplo, a prevista senda peonil de Monte Alto, dende a Vereda do Polvorín ata a Ronda de Monte Alto, precisa dun aparcamento disuasorio no contorno deste barrio saturado.
“O incremento das rúas peonís é un signo de urbes modernas. Cando foron peonalizadas as rúas Barcelona, Gaiteira ou Ángel Senra houbo queixas, mais hoxe ninguén cuestiona as vantaxes da peonalización, polo que aporta á vida comercial e á humanización do barrio. Outra cousa é a necesidade de mantelas en boas condicións de limpeza e equipamento”, declarou Pedro Armas.