[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre propón melloras para as instalacións recreativas de Santa María de Vigo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa propón melloras de limpeza e mantemento para o parque infantil, a pista deportiva e da contorna do Centro Social da parroquia. Tras recibir queixas da pouca atención da zona por parte do goberno municipal.
A situación das instalacións é mellorable en moitos aspectos. Destacando o valado temporal e que leva meses. A pista deportiva, conta cunha greta duns dous centímetros todo ao ancho. Tamén a instalación dunha “carpa” cunhas condicións de seguridade cuestionables. Hai verdello facendo esvaradíos os accesos. E tamén acumulación de diversos materiais e lixo.
En canto a sinalización dos espazos non conta coa presencia da normativa Covid, nin sequera no parque infantil que tamén presenta un estado de pouco mantemento.
Alternativa trasladou a situación ao goberno municipal esixindo un bo “lavado de cara” aos diferentes recintos municipais en Santa María de Vigo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]