Alternativa propón en Bergondo que modifiquen o trazado do bypass férreo de Cortiñán

Fariña agarda que o Ministerio teña en conta a proposta municipal para afectar o menos posible a decenas de familias e as súas propiedades

O Concello de Bergondo, por iniciativa do concelleiro de Alternativa Juan Fariña, solicitará ao Ministerio de Obras Públicas que se modifique a proposta do novo trazado do bypass de Cortiñán na liña férrea entre Betanzos e A Coruña.

A proposta municipal consiste nun xiro máis amplo que evitaría numerosas expropiacións e resulta unha opción máis sensata e económica.

A proposta do Concello ten o respaldo dun enxeñeiro especializado neste tipo de obras, que reduce a construción de viaductos e os altos custos das expropiacións.

A realización do bypass é moi necesaria, pero Alternativa agarda que o Ministerio teña en conta a proposta municipal para afectar o menos posible a decenas de familias e as súas propiedades.

Comparte esta nova!