Alternativa propón a construción dunha piscina nos terreos municipais do polígono de Alvedro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa propón a construción dunha piscina nos terreos municipais do polígono de Alvedro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentará unha moción ao pleno para solicitar a construción dun complexo deportivo municipal, dotado de piscina e ximnasio, nos terreos propiedade do Concello de Culleredo existentes no polígono industrial de Alvedro-Almeiras. Alternativa propón incluír o gasto correspondente a esta actuación nos orzamentos municipais do 2020.

O Concello de Culleredo só conta na actualidade coas piscinas existentes no Complexo Deportivo de Acea de Ama, propiedade da Xunta, que cobren as necesidades dos cidadáns que residen nas localidades máis urbanas do municipio. Para as zonas menos urbanas e parte dos núcleos rurais, Alternativa considera que os terreos que ten o Concello en Alvedro sería un bo emprazamento para unha piscina municipal. Dáse a circunstancia de que existe un compromiso por parte de case todos os grupos da Corporación para construír unha piscina.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!