MONTE_COSTA_WEB

Alternativa dos Veciños propón a creación dunha zona recreativa nos terreos de Monte Costa

Alternativa dos Veciños reitera a súa proposta de crear un parque natural con instalacións recreativas para revitalizar os terreos de Monte Costa cedidos pola Deputación.

O Pleno de Culleredo aprobou en abril do pasado 2018 unha moción de Alternativa para solicitar a cesión dos terreos de Monte Costa ao Concello por parte da Deputación. Unha vez lograda esa cesión, o noso grupo ten solicitado en moitas ocasións a creación dun entorno recreativo para uso e desfrute da veciñanza. Ante a inactividade do Goberno de actual de Culleredo nós facemos

Os terreos de Monte Costa son un lugar ideal para a creación dun parque natural que poida albergar tanto instalacións deportivas, como culturais e recreativas, que revitalicen a actividade no Concello de Culleredo. As veciñas e veciñas do municipio teñen dereito a que esta zona de titularidade pública sexa aproveitada dun xeito sostible a nivel medioambiental para fins que redunden en beneficio de todas e todos.

Novas relacionadas