ALTERNATIVA_CULLEREDO_web

Alternativa dos Veciños propón a creación dunha pista polideportiva cuberta na Corveira

Alternativa dos Veciños Culleredo reclama unha maior e mellor infraestrutura deportiva para Culleredo.

O deporte é un dos nexos de unión máis enriquecedor entre a veciñanza. No caso de Culleredo, un dos municipios coa mellor canteira deportiva da contorna, urxe a creación dun centro polideportivo municipal con piscina e ximnasio en condicións. Así mesmo, desde Alternativa dos Veciños propoñemos a creación dunha pista polideportiva cuberta na Corveira.

O próximo encontro de Alternativa dos Veciños de Culleredo coa veciñanza será este sábado 18 de maio ás 20:30 horas no Centro Social de Castro-Laxe.

Novas relacionadas