Alternativa dos Veciños propón a creación dun voceiro municipal en Carral
Alternativa dos Veciños mellorará a comunicación entre a veciñanza e o Concello a través de ferramentas informativas municipais.
Para Alternativa dos Veciños a boa comunicación dos concellos coa súa veciñanza é unha obriga. A información de calidade é un dereito de toda a poboación e os Gobernos municipais poden colaborar no seu afianzamento.
Desde o noso grupo propoñemos a creación dun voceiro municipal e a potenciación dos medios de comunicación municipais. A creación dunha radio municipal de utilidade pública é outro dos nosos obxectivos.