Alternativa demanda a construción de beirarrúas na rúa Vicente Risco
Alternativa dos Veciños presentará unha moción ao pleno para solicitar a construción de beirarrúas na rúa Vicente Risco, na parroquia de Rutis, entre a avenida de Vilaboa (N-550) e o Colexio Sofía Casanova. Alternativa propón incluír o gasto correspondente a esta actuación nos orzamentos municipais do 2020.
A zona máis estreita da rúa Vicente Risco, próxima ao Colexio Sofía Casanova, carece de beirarrúas. Dado que son moitos os nenos, nenas, pais e nais, así como cidadáns en xeral que circulan en vehículos e camiñan a pé por esta zona, faise preciso dotalas de beirarrúas para garantir a seguridade viaria.