pa

Alternativa dos Veciños pretende ser chave para garantir a gobernabilidade da Coruña

Alternativa dos Veciños aspira a acadar representación na corporación municipal da Coruña para garantir a gobernabilidade da cidade, e acabar coas políticas destrutivas practicadas polo PSOE e o PP durante os últimos catro anos. Os boicots perpetrados por uns e outros para desgastar ao Goberno paralizaron o funcionamento do Concello da Coruña en moitos ámbitos, causando un grave prexuízo á cidadanía.

“Se despois das eleccións do día 26 se forma un goberno pola esquerda e o partido máis votado queren contar con nós, aí estaremos. Se non somos imprescindibles tamén temos claro que imos colaborar para que salgan adiante os proxectos de interese xeral para a cidade. Se gana o PP, está claro que non imos formar goberno con eles. Pero as propostas que formule o PP que sexan positivas para a cidade tamén imos apoialas”, dixo o candidato Pedro Armas.

Novas relacionadas