ARTEIXO3

Alternativa quere promover novos programas de prevención da drogodependencia en Arteixo

Alternativa dos Veciños pretende fomentar a actividade física a través de actividades, da mellora dos equipamentos deportivos municipais, impulsando campañas de concienciación para favorecer os hábitos de vida saudables. Outra das propostas da candidatura que lidera Antonio Patiño é crear novos programas municipais específicos para a prevención da drogodependencia.

“Entendemos que desde a xestión do benestar da nosa cidadanía, os concellos tamén poden incidir na mellora do estado de saúde global. Por iso imos desenvolver políticas nesta liña, dirixidas a todos os sectores da sociedade”, explicou o candidato Antonio Patiño.

Novas relacionadas