CARRAL_XESTION

Alternativa dos Veciños preséntase como garante de honradez e xestión eficaz en Carral

Alternativa dos Veciños continúa presentando as súas propostas polo municipio despois do exitoso mitin central celebrado no día das Letras Galegas no campo da feira.

Desde Alternativa dos Veciños defendemos a política como unha ferramenta da cidadanía para acadar o progreso e benestar desde a honestidade e a comunicación co veciñanza. O noso xeito de xestionar pasa pola interacción directa coa veciñanza a través das asembleas parroquiais. Queremos garantir que Carral conte coas entidades sociais e coa opinión da poboación para achegar a política ás veciñas e veciños.

Neste senso seguiremos traballando percorrendo as parroquias de Carral para coñecer as inquedanzas da veciñanza. O domingo 19 de maio estaremos ás 20:00 no Local Social de Sergude. O luns ás 20 horas da tarde teremos o encontro coa veciñanza no local social de San Vicente de Vigo.

Novas relacionadas