Alternativa presentará o venres o candidato a encabezar a lista electoral na Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

“Desexamos, agardamos, contar co apoio dos coruñeses para estar presentes na corporación municipal e aportar ideas e proxectos que melloren a calidade de vida da cidadanía”

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa presentará o venres, día 23, a súa candidatura á alcaldía da Coruña, na confianza que un número crecente de persoas insatisfeitas coa actual orientación do Concello verá nesta candidatura unha aposta sólida e contrastada para sentirse representada na Corporación.

O Concello da Coruña leva ingobernable dúas lexislaturas, mesmo en varias ocasións sen orzamentos no horizonte. Segundo o presidente da Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, “a pesar das enquisas cociñadas, daquela maneira, xa se sabe que ninguen ostentará a maioría absoluta, nin existen razóns especiais para que nengún dos partidos representados na actualidade vaian subir de voto”.

García Seoane dixo que “desde Alternativa dos Vecinos cremos que a nosa experiencia e bo facer é unha aval, para fortalecer un goberno progresista, nós non aspiramos a alcaldías”. Alternativa quere estar presente no concello da Coruña tanto para afortalar un goberno progresista, como para controlar os posibles desvíos e actitudes non conformes a dereito, en temas de persoal, ou doutra natureza, como recentemente se constata no Concello da Coruña, coa incorporación de familiares a áreas de confianza. 

Tamén é preciso controlar procesos administrativos doutra natureza como os relacionados co impacto ambiental de obras, patrimoniais, etc.

O presidente de Alternativa insiste en que o partido “non defraudará a aquelas persoas que opten por depositar a súa confianza no noso partido, ese día 28 de maio”, dixo confiando “que en futuras sondaxes poda incluirse á nosa formación”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!